PARTIDOS DO FORMA-t VILALBA F.S.

O equipo feminino do Grupo Forma-t Vilalba F.S. será o único que actúe como local na vindeira xornada ante o E.D. Vigo 2015. O equipo masculino visita a complicada pista do Pizarras Los Tres Cuñados, recén descendido e o xuvenil descansará por mor do parón na competición. Os horarios dos dous partidos que disputan os equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. serán os seguintes:

 

Terceira División

Pizarras Los Tres Cuñados – Grupo Forma-t Vilalba F.S.

Sábado 09/10/2021
Hora: 18:30

Pavillón Municipal de Calabagueiros (Barco de Valdeorras)

 

Preferente Galicia Femenina

Grupo Forma-t Vilalba F.S. – E.D. Vigo 2015

Domingo 10/10/2021
Hora: 18:00
Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba