PARTIDOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

A espera da gran final do equipo de Terceira División e coas ligas Preferente Autonómica e Galega Xuvenil rematadas, esta fin de semana soamente teremos dous partidos dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. e ningún deles no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba. Os horarios serán os seguintes:

Primeira Autonómica Senior Masculina (Fase de ascenso)
Puebla Futsal – Grupo Forma-t Vilalba F.S. “B”
Domingo 05/06/2022
Hora: 19:00
Pavillón Municipal de A Pobra de San Xiao

Primeira Autonómica Senior Feminina (Fase de ascenso)
U.D. Pastoricense – Grupo Forma-t Vilalba F.S. “B”
Domingo 05/06/2022
Hora: 19:00
Pavillón Municipal de A Pastoriza