PLENO DE VICTORIAS DO XUVENIL ANTES DO PARÓN

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., venceu 3-6 ao E.D. Poio Pescamar no partido celebrado na mañá do domingo no Pavillón Municipal “A Seca” de Poio, correspondente á cuarta xornada da Liga Galega Xuvenil.

Na primeira metade houbo un xogo pouco fluído polas dúas partes e con poucas ocasións. Adiantouse o equipo local nun erro defensivo pero empatou Brais antes do descanso.

Na segunda parte o equipo vilalbés saiu mellor e púxose por diante 1-3. O Poio sacou o porteiro xogador e recurtou diferencias no marcador por dúas veces, 2-3 e 3-4.  Ao final o Vilalba F.S. soubo manter a vantaxe e ampliouna ata o definitivo 3-6 con dous goles no último minuto.

Con este resultado o equipo do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. segue nos primeiros postos cun pleno de catro victorias antes do parón e da xornada de descanso posterior ao retirarse o Club Cíos Vigo F.S.