PLENO DE VICTORIAS ANTES DO PARÓN

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. nun partido moi disputado venceu por 0-2 ao Begonte F.S. no encontro correspondente á quinta xornada da Liga 1ª Galicia Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Begonte, na noite do venres.

Na primeira parte o partido estivo marcado polas continuas imprecisións nos pases por parte de todas as xogadoras e non se viu a diferencia que hai na clasificación entre os dous equipos. Aínda así, o Vilalba F.S. dispuxo de máis ocasións que o Begonte F.S. pero foron ben atalladas pola porteira local.

Na segunda metade as xogadoras adestradas por Jose e Miguel saíron a polo partido cunha presión asfixiante en toda a pista e tiveron numerosas ocasións de gol que unha e outra vez foron desbaratadas pola gran actuación da porteira local Alicia, ata que faltando 8 minutos Antía conseguiu adiantar ao Vilalba F.S. A partires de ese momento as xogadoras do equipo vilalbés xogaron con máis tranquilidade e nunha gran xogada persoal, Patri anotou o segundo gol que unido á lesión de Uxía no equipo local, senteciou o encontro. Nos cinco últimos minutos o equipo begontino xogou coa porteira xogadora pero a boa defensa e as intervencións de Tati, fixeron quedar a portería do Vilalba F.S. a cero.

Despois das cinco primeiras xornadas disputadas o Vilalba F.S. fixo pleno de victorias que o sitúan no alto da clasificación aínda que cun partido máis que o Pastoriza e Pescados Rubén Burela F.S. “B”. A vindeira xornada o equipo vilalbés descansará ao ser o grupo impar.

BEGONTE F.S.
Alicia, Noemí, Noa, Ruth, Uxía – cinco inicial – Andrea, Ana María, Alba, Eva, María e Noelia.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Tati, Antía, Sabela, Patri, Cayu – cinco inicial –  Akira, Cristina, Ainé, Méndez,  Carmela e Marta.

GOLES:
0-1  Antía. (Min. 33)
0-2  Patri. (Min. 35)

 

COMPARTIR