A POLA CUARTA VICTORIA CONSECUTIVA

O domingo ás 19:00 horas no Pavillón Municipal San Francisco Javier de A Coruña o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. visitará ao Academia RedBlue 5 Coruña F.S. no encontro correspondente á xornada 19 de liga da Terceira División Nacional.

O equipo vilalbés pretende seguir co pleno de victorias na segunda volta, xa que gañou na casa ao Talleres ABC I.E.S. Coruxo F.S. e Santiago Futsal “B” e a domicilio impúxose en A Pontenova ao Rececende F.S.

Nunha competición moi igualada o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. está clasificado na cuarta posición a tres puntos do segundo clasificado o Pazos de Borbén F.S. e tentará de sumar os tres puntos para seguir escalando posicións e deixar descolgado a algún rival.

 

COMPARTIR