PRESENTACIÓN DO I CAMPUS VILALBA F.S. 

PRESENTACIÓN DO I CAMPUS VILALBA F.S.

O martes 7 de maio ás 20 horas no Centro Cultural Recreativo de Vilalba vaise presentar o I Campus organizado polo Vilalba F.S. para rapaces en idades comprendidas entre 6 e 16 anos.

Neste acto de presentación explicarase o funcionamento do Campus que terá lugar a semana do 24 ao 29 de xuño así como as datas de inscrición, custe económico e as actividades que se desenrolarán no mesmo.

Agardamos a presencia de moitos pais e nais para que reciban a información necesaria e no caso de non poder acudir a esta cita pregamos que se poñan en contacto cos monitores das E.D.M. de fútbol sala ou coa directiva do Vilalba F.S.

O Vilalba F.S., como ente organizador, dalle as grazas aos colaboradores que fan posible este primeiro Campus, (Lecar 712, O Adro, Mercadona, Froiz e Concello de Vilalba) e tamén ao Centro Cultural Recreativo para a realización deste acto de presentación.