PRESENTACIÓN DO VILALBA F.S.

PRESENTACIÓN DO VILALBA F.S.

O Vilalba F.S. presentou aos seus equipos no prolegómenos do partido que enfrontou ao Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. e ao Parrulo F.S. nos oitavos de final da XXVIII Copa Galicia de Fútbol Sala.

Neste acto de presentación estiveron todos os equipos, (prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes), das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Vilalba co que o clube ten firmado un convenio, así como os equipos xuvenil, senior feminino e senior masculino.

Asistiron ao acto representantes dos principais patrocinadores do Vilalba F.S. (Valdesuso Peugeot, Entrepinares, Huso 29 Renovables, Grupo Forma-T, TAR Asesores, Agrocel Comercializadora S.L., Vifrauto, Automúsica S.L., Limpiezas García, Ascensores Lica e Eumenet) así como o concelleiro de deportes, Julio Vázquez e o alcalde Agustín Baamonde.

Tanto os capitáns dos equipos senior, Sabela Roca e Roberto Freire como o presidente do Vilalba F.S. Alvaro Fraga, agradeceron o apoio dos principais patrocinadores, do Concello de Vilalba e dos siareiros vilalbeses, e animaron a todos os rapaces a seguir disfrutando do fútbol sala.