PRIMEIRA DERROTA A DOMICILIO

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., perdeu 6-2 ante o Redondela F.S.-S.D. Pazos no partido celebrado na mañá do domingo no Pavillón Municipal de Pazos de Borbén, correspondente á novena xornada da Liga Galega Xuvenil.

Aínda que se adiantou o equipo vilalbés nos primeiros minutos o equipo local foi quen de remontar antes do descanso. No comezo do segundo acto ampliou a vantaxe con dous goles e xunto coa expulsión de Xosé máis o risco de xogar co porteiro xogador o Vilalba F.S. acabou colleitando un resultado en contra demasiado abultado.

Esta é a primeira derrota a domicilio do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. que está a realizar unha excelente campaña.