PRIMEIRA DERROTA DO FEMININO NA CASA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 2-4 ante o Leis Pontevedra San Narciso no encontro correspondente á quinta xornada da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do sábado.

Primeira derrota como local do Vilalba F.S. que cando se puxo con vantaxe no marcador por dúas veces non soubo aproveitar as ocasións para sentenciar e pagouno caro con varios erros defensivos que fixeron que o equipo pontevedrés se levar os tres puntos.

A próxima xornada o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. xogará o derbi da Terra Chá visitando a pista do Castro F.S.