PRIMEIRA DERROTA DO XUVENIL

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., perdeu por 3-7 ante o Cementos Cosmos Parrulo F.S. no partido adiantado á décima xornada da Liga Galega Xuvenil, celebrado na mañá do domingo no Pavillón Municipal de Vilalba.

O equipo do Parrulo saiu moi forte nos primeiros minutos pero foi o equipo vilalbés o que se adiantou en dúas contras que remataron Xosé e Antón. O equipo visitante non se viu abaixo e mediada a primeira metade deulle a volta ao marcador poñendo o 2-4 co que se chegou ao descanso.

Na segunda metade o equipo do Vilalba F.S. intentou achegarse no marcador pero non aproveitou as claras ocasións das que dispuxo e pola contra o equipo visitante aproveitou os erros dos locais.

Bo partido o realizado polos dous equipos que estaban no alto da táboa clasificatoria e xusta victoria do equipo ferrolán. Malia a derrota o equipo do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. deu unha gran imaxe ante o equipo favorito para o ascenso.