PRIMEIRA DERROTA NA CASA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. caeu por 2 goles a 4 ante o Ribeira F.S., no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vilalba ante trescentos espectadores, correspondente á sexta xornada de liga da Terceira División Nacional.

O equipo vilalbés nunha primeira parte para olvidar encaixou tres goles que ben puideron ser máis. Só a partir do minuto 15 comezou a crear varias ocasións acadando un gol antes do descanso que daba esperanzas aos siareiros vilalbeses.

A segunda parte cambiou radicalmente e o equipo vilalbés xa se pareceu ao equipo dos anteriores partidos como local. Marcou o segundo gol ao principio, tivo clarísimas ocasións e dous dobles penaltis para remontar. Pero a falta de catro minutos nunha boa contra o equipo visitante sentenciou o partido.

Nos últimos minutos co porteiro xogador o Vilalba F.S. intentouno de novo, pero a mala fortuna fixo que non puideran sacar nada positivo.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Areñas, Jose López, Asier, Roi, Fran Pastor – cinco inicial – Iago, Lage, Freire, Martín, Paulo, Nuno e Diego.

RIBEIRA F.S.
Fran, Marcos, David, Lobeiras, Nicandro – cinco inicial – Javier Fernández, Samuel, Jairo, Javier Regueiro e Alberto.

GOLES:

0-1  Lobeiras. (Min. 2)
0-2  David. (Min. 10)
0-3  Marcos. (Min. 12)
1-3  Fran Pastor. (Min. 19)
2-3  Paulo. (Min. 22)
2-4  Lobeiras. (Min. 36)

Fondo solidario: Tanto neste encontro do equipo masculino como no do equipo da Liga 1ª Galicia Feminina, o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. e Limpiezas García fixeron unha recollida de fondos para a Asociación Española contra o Cancro (AECC). O importe recaudado foron 1000 € que serán destinados pola AECC á investigación do cancro de mama e do cancro infantil.