PRIMEIRA DERROTA NA COPA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. sufriu a primeira derrota na Copa ao caer por 2-4 ante a U.D. Pastoricense no encontro correspondente á segunda xornada da Copa 1ª Galicia Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do sábado.

Nun partido igualado, como se agardaba, a mellor condición física das xogadoras pastoricenses inclinou a balanza ao seu favor. As xogadoras do Vilalba F.S. cometeron numerosos erros graves en defensa na primeira metade e foron sempre a remolque no marcador. Por dúas veces lograron igualar pero chegaron ao descanso cun resultado desfavorable de 2-3.

Na segunda parte o partido seguiu igualado, pero nunha contra rápida o equipo visitante sentenciou. Despois do cuarto gol, á desesperada, o equipo vilalbés sacou a porteira xogadora nos últimos minutos pero o marcador xa non se moveu.

Con este resultado a U.D. Pastoricense encabeza a clasificación con 6 puntos seguido do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. e Burela F.S. Pescados Rubén con 3 puntos e pecha o grupo o Concello de Begonte F.S. sen puntuar.

A vindeira xornada o equipo vilalbés visitará a pista do Burela F.S. Pescados Rubén, na última xornada da primeira volta da liguilla de Copa.

U.D. PASTORICENSE F.S.
Antía Lamas, Antía, Sandra Lejo, Lara, Andrea – cinco inicial – Noelia, Mirian, Lidia e Sandra Ferreiros.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Tati, Aisha, Sabela, Méndez, Cayu – cinco inicial – Antía, Akira, Carmela e Marta.

GOLES:
0-1 Antía. (Min. 3)
1-1 Sabela. (Min. 5)
1-2 Andrea. (Min. 7)
2-2 Sabela. (Min. 9)
2-3 Mirian. (Min. 12)
2-4 Antía. (Min. 32)

COMPARTIR