PRIMEIRA DERROTA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. sufriu a primeira derrota da temporada ao caer por 5-3 ante U.D. Pastoricense no encontro correspondente á novena xornada da Liga 1ª Galicia Feminina celebrado no Pavillón Municipal de A Pastoriza na tarde do sábado e con elo perde o liderato.

As xogadoras do Vilalba F.S. comenzaron moi mal o partido, cometendo moitos erros graves na saída e en defensa. Así, cando soamente ían transcurridos seis minutos o marcador reflexaba un 4-0 para o equipo local. A partir dese intre, as rapazas do Vilalba F.S. subiron a defensa e conseguiron o 4-1 co que se chegou ao descanso, aínda que tiveron ocasións para recurtar máis o resultado.

Na segunda parte comezou co equipo vilalbés presionando e marcando o segundo gol que daba esperanzas, pero noutro erro defensivo o equipo local facía o quinto gol. Despois dese gol, á deseperada, o equipo sacou a porteira xogadora pero só puideron conseguir un gol máis a falta dun minuto.

Rematada a primeira volta o recién creado Vilalba F.S. está facendo unha temporada espectacular onde soamente cosechou esta derrota e atópase en segunda posición a dous puntos do primeiro clasificado o U.D. Pastoricense F.S. algo impensable cando comezou a temporada.

U.D. PASTORICENSE F.S.
Laura, Antía, Sandra Lejo, Lara, Andrea – cinco inicial – Noelia, Nerea, Miriam, Lidia e Sandra Ferreiros.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Carmela, Cristina, Sabela, Antía, Cayu – cinco inicial – Ana, Aisha, Akira, Ainé, Méndez e Marta.

GOLES:
1-0 Lara. (Min. 2)
2-0 Lara. (Min. 3)
3-0 Antía. (Min. 5)
4-0 Lara. (Min. 6)
4-1 Antía. (Min. 13)
4-2 Aisha. (Min. 25)
5-2 Lara. (Min. 29)
5-3 Antía. (Min. 39)

COMPARTIR