PRIMEIRA VICTORIA A DOMICILIO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu por 2-5 ante o E.D.M. Salceda no encontro correspondente á novena xornada da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Salceda de Caselas na tarde do sábado.

Bo partido o realizado polas xogadoras do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. que con esta traballada victoria sitúanse na metade da táboa clasificatoria e acadan un ansiado primeiro triunfo a domicilio.