PRIMEIRA VICTORIA A DOMICILIO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. acadou a primeira victoria a domicilio ao derrotar ao Santiago Futsal “B” por tres goles a cinco na terceira xornada de liga da Terceira División Nacional.

E equipo vilalbés adiantouse no marcador mediada a primeira parte por mediación de Freire pero no último minuto o equipo local lograba a igualada coa que se chegaría ao descanso.

A segunda parte comezou moi ben para o Vilalba F.S. xa que nos catro primeiros minutos marcaron Paulo e Jose López dous goles que puxeron o encontro moi de cara. A raíz do terceiro gol o filial do Santiago Futsal xogou co porteiro xogador e a falta de catorce minutos para o remate Asier marcou o cuarto gol.

A falta de sete minutos o Santiago marcou o seu segundo gol e un minuto máis tarde Jose López foi expulsado por dobre amárela. Neses dous minutos de superioridade do equipo local, (xogaron cinco para tres), o Vilalba F.S. defendeu extraordinariamente ben e estivo a piques de marcar nunha contra ben levada por Rubén Mouriz. Faltando 36 segundos o Santiago Futsal “B” conseguiu un gol que o acercaba no marcador pero sobre a bocina Asier anotou o seu segundo gol que establecía o 3-5 definitivo facendo xustiza.

Con este resultado o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. ponse a un punto do líder empatado con catro equipos a 6 puntos. A próxima xornada recibirá ao 5 Coruña.