O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu con claridade por 7-3 ao Cidade de Lugo F.S. no encontro correspondente á segunda xornada da Liga 1ª Galicia Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba.
Como xa pasou na primeira xornada de liga, as xogadoras do Vilalba F.S. saíron á pista moi frías e encaixaron un gol no primeiro minuto de partido. A pesar de non ter demasiada claridade en ataque, con tres acción puntuais, conseguiron chegar ao descanso cunha amplia ventaxa no marcador.
A segunda parte o Vilalba F.S. comezou igual que a primeira, con pouca intensidade e encaixando un gol. Pouco a pouco as xogadoras locais foron entrando no partido e sin facer un xogo vistoso conseguiron gañar con comodidade.
Con esta victoria o Vilalba F.S. sitúase colíder da clasificación empatado a seis puntos co Pastoriza F.S.F. e o Pescados Rubén Burela F.S. “B”.
VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Tatiana, Ana, Tania, María e Carmela – cinco inicial – Aisha, Sabela, Akira, Ainé e Marta.
CIDADE DE LUGO F.S.
Celia, Laura Vázquez, Laura Arias, Ana, Noelia – cinco inicial – Alba e Tania.
GOLES: Polo Vilalba F.S. marcaron: Akira (3), María (2), Sabela e Ana. Polo Cidade de Lugo F.S.: Laura Vázquez, Laura Arias e Alba.
Fondo solidario: Tanto neste encontro do equipo feminino como no do equipo masculino de Terceira División Nacional, o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. e Limpiezas García fixeron unha recollida de fondos para a Asociación Española contra o Cancro (AECC). O importe recaudado foron 1000 € que serán destinados pola AECC á investigación do cancro de mama e do cancro infantil.