PRIMEIRO OBXETIVO CUMPRIDO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. gañou 3-2 ao Academia RedBlue 5 Coruña F.S. no partido correspondente á xornada 20 de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba na tarde do sábado.

O Vilalba F.S. cumpriu o obxetivo de clasificarse para a disputa do play off de ascenso a falta de dúas xornadas para o remate da liga regular ao vencer nun partido emocionante ata o derradeiro segundo.

Agora o equipo de Quini será segundo matemáticamente si vence nos dous partidos que lle restan por disputar e asegurando o factor cancha nos cuartos de final ou terceiros si o fai nun deles.

O vindeiro partido para o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. será este sábado ante o Sala Sport Culleredo F.S. no Pavillón Municipal de Tarrío ás 18:00 horas.

Ficha Técnica: 

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Tini, Ismael (1), Coe, Fariñas, Antón – cinco inicial – Marcos, Nuno, Diego, Fede, Mario, Iván Gago (1) e Aitor.

ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA F.S.
Ramón, Diego H., (1), Victor, Daniel S., Diego C. – cinco inicial – Alfonso, Diego M. (p.p.), Juan (1), Guillermo, Daniel D., Manuel, Pablo R., Brais e Pablo S.