PRIMEIRO PARTIDO NA CASA DO VILALBA F.S. FEMENINO

O sábado 21 de outubro ás 16:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba celebrarase o encontro correspondente á segunda xornada da Liga 1ª Galicia feminina entre os equipos do Cidade de Lugo F.S. e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

As rapazas adestradas por Jose e Miguel están moi motivadas ante o que vai ser o primeiro partido oficial na casa e tentarán de conquerir os tres puntos para seguir nos postos altos da clasificación.

Fondo solidario: Tanto neste encontro feminino como no que vai disputar a continuación o equipo masculino de Terceira División Nacional, o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. e Limpiezas García acordaron promover unha recollida de fondos para a Asociación Española contra o Cancro (AECC). O donativo será de 5€ e todo o recaudado será para a AECC que repartirá ao 50% para a investigación do cancro de mama e para o cancro infantil.

 

COMPARTIR