PRIMEIRO PARTIDO OFICIAL DO VILALBA F.S. FEMININO

O vindeiro domingo 15 de outubro ás 17:00 horas no Pavillón Municipal “O Chanto” de Sarria terá lugar o primeiro partido oficial do equipo feminino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

O debut das nosas xogadoras, nese encontro histórico, será fronte ao Meigallos F.S. na categoría de 1ª Galicia de ámbito provincial.

As rapazas adestradas por Jose e Miguel, tratarán de realizar unha boa temporada e agradar aos siareiros vilalbeses que están moi ilusionados con esta aposta realizada pola directiva do Vilalba F.S.

COMPARTIR