QUINTA VICTORIA CONSECUTIVA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu por 1-5 ao Fisober F.S. no encontro correspondente á xornada 14 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vimianzo na tarde do sábado.

De novo, outro gran partido a domicilio, o realizado polas xogadoras do Vilalba F.S. que controlaron o xogo en todo momento nunha pista pouco axeitada para a práctica deportiva.

Bo remate de ano do equipo feminino que sumou a quinta victoria consecutiva e asegurou a presenza do equipo na Copa da Liga Autonómica na que participan os oito primeiros clasificados ao remate da primeira volta. Agora mesmo o equipo vilalbés está sexto clasificado e falta unha xornada por disputar.