QUINTO DÍA DO I CAMPUS VILALBA F.S.

Despois da intensa xornada do día anterior chegou o quinto día do I Campus Vilalba F.S.

Pola mañá, despois do almorzo, tiveron adestramento de fútbol sala e posteriormente cos monitores do C.B. Vilalba fixeron unha xornada de iniciación ao baloncesto.

Despois de xantar, baixaron á zona recreativa de “A Magdalena” para ter unha sesión de xogos populares. Posteriormente, seguiron cos adestramentos de fútbol sala no Pavillón Municipal de Deportes e tiveron a visita do xogador vilalbés Ismael Vázquez Villares, “Isma” e de Adrián Rodríguez Mosteirín, “Pirata”, ambos xogadores do Santiago Futsal de Segunda División.