REMONTADA DO VILALBA F.S.

REMONTADA DO VILALBA F.S.

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. gañou por 7 goles a 5 ao Academia RedBlue 5 Coruña F.S., no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vilalba, correspondente á xornada 19 de liga da Terceira División Nacional.

Os xogadores vilalbeses tiveron que emplearse a fondo para acadar unha victoria que no minuto 15 da primeira parte tiñan moi complicada cun resultado de 0-3 no marcador. Foi nos últimos minutos do primeiro acto cando o equipo reaccionou e comezou a remontada chegando ao descanso cun esperanzador 2-3.

Na segunda parte o equipo mellorou notablemente e os intercambios no marcador sucedéronse ata que nos intres finais do encontro dous goles consecutivos déronlle á victoria ao Vilalba F.S.

Con esta victoria o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. queda situado na metade da clasificación.