REMONTADA DO VILALBA F.S. ANTE O C.D. LUGO SALA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., debutou cunha remontada ante o C.D. Lugo Sala na primeira xornada de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do sábado.

O partido foi moi emocionante e disputado. Comezou mellor o equipo visitante que aos 43 segundos xa mandaba no marcador por 0-2 e ampliou a vantaxe mediada a primeira metade para poner un preocupante 0-3. A reacción do equipo adestrado por Kini non se fixo esperar e, con dous goles e unha expulsión do mellor xogador visitante, meteuse no partido antes do descanso.  

Na segunda parte o Vilalba F.S. igualou a contienda no primeiro minuto e ampliou con dous goles máis que soamente no último minuto puideron acortar diferencias os de Lugo para establecer o definitivo 5-4.