RENOVACIÓNS DO VILALBA F.S.

O Vilalba F.S. sigue coas renovacións de cara a tempada 2019/2020.

Tres pilares fundamentais do equipo renovaron para a vindeira tempada.

O canteirán Iago Amarelo, que é o máis novo dos tres, cumprirá baixo os paos a súa cuarta tempada como xogador senior.

Asier González, “pichichi” do equipo na tempada pasada, tentará contribuir de novo cos seus goles na súa terceira tempada no clube.

O veterano Iván Gago, na súa segunda tempada, aportará a súa experiencia a un grupo de xogadores novos.