RENOVACIÓNS E INCORPORACIÓNS NO FILIAL MASCULINO

O Vilalba F.S. comeza coas renovacións e incorporacións do filial masculino de cara a tempada 2022/2023 que debutará na Preferente.

No corpo técnico continuará Ismael como adestrador, acompañado de Miloso como segundo adestrador e Iván Amado de axudante técnico.

Unha gran maioría dos artífices do ascenso continúan no plantel: Nuno, Tini, Iker, Tito, Copa, Miguelito, Ledo, Pelouro, Hugo e Xoel.

A todos eles máis a varios xuvenís que se adestrarán co equipo súmanse as seguintes incorporacións:

* Kevin, xoven porteiro que provén do Guitiriz e destaca polos reflexos e xogo de pés.
*Josito, xogador que estivo no Caloto Loyo e a pasada tempada no Rabade F.S., aportará moita experiencia a un equipo moi novo.
*Rus, pivot de Cospeito que volta ao club tras pasar polo Cospeito e o Castro F.S. e aportará gol ao equipo.
*Christian, o zurdo vilalbés provén do Cabreiros S.D.

A DISFRUTAR DA NOVA CATEGORÍA!!!