RESULTADOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Tres victorias e dúas derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. a pasada fin de semana no que se disputaron os partidos que foran adiados pola covid.

Na noite do venres o equipo de Terceira División gañou 3-5 o derbi contra o Concello de Begonte F.S. a pesar das numerosas baixas e realizando un gran partido sobre todo na primeira parte. Os goles dos vilalbeses foron obra de Fede e Simón en dúas ocasión e Antón.

O sábado foi o turno dos filiais contra o S.D. Silva Arboco. O equipo masculino venceu 1-2 con goles de Íker e Ledo e o equipo feminino perdeu 4-1 con gol de Iris. Ambos equipos remataron a primeira fase como segundos de grupo e loitarán polo ascenso de categoría.

O domingo o equipo xuvenil perdeu 4-1 ante o primeiro clasificado o Santiago Futsal. O gol vilalbés marcouno Mario. Ao remate da primeira fase o equipo quedou clasificado na derradeira posición polo que xogará a fase de descenso.

Tamén na matinal do domingo o equipo feminino de Preferente Galicia goleou 10-3 ao Ribeiro de Avia F.C. nun partido máis igulalado do que reflexa o marcador final. Os goles das vilalbesas marcáronos Antía e Sabela e tres ocasións, Aisha por partida dobre, Paulita e Akira.