RESULTADOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Tres victorias e dúas derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. a pasada fin de semana.

O sábado pola tarde o equipo xuvenil comezou a fase de descenso goleando 6-1 ao Ganomagoga IES Coruxo F.S. no mellor partido da tempada. Os goles vilalbeses foron obra de Lozano e Michael en dúas ocasións, Mario e Tinete.

O equipo de Terceira División perdeu 5-3 o derbi contra o C.D. Lugo Sala nun partido moi igualado e cunha discutida actuación arbitral. Os goles dos vilalbeses foron obra de Simón en dúas ocasión e Ismael.

O filial masculino venceu 4-8 ao Samos F.S. na primeira xornada da fase de ascenso con tres goles de Tito, dous de Roi, Miguelito, Amado e Íker.

O domingo pola mañá o filial feminino tamén na primeira xornada da fase de ascenso venceu por 2-0 ao A.D.C. Lugo Sala con goles de Marta e Carlota.

A continuación o equipo feminino de Preferente Galicia perdeu 0-2 ante o potente F.S. Cidade de Pontevedra nun bo partido no que as pontevedresas demostraron que son o mellor equipo da categoría.