RESULTADOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Catro victorias e unha derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. a pasada fin de semana.

O venres pola noite o equipo xuvenil goleou 0-7 ao Ribeira F.S. sumando a segunda victoria consecutiva na fase de permanencia. Os goles vilalbeses foron obra de Amado en dúas ocasións, Tinete, David, Pablo, Brais e Hugo.

O sábado o equipo feminino de Preferente Galicia perdeu 3-0 ante o S.D. A Gaiola nun mal partido das vilalbesas.

O equipo de Terceira División goleou 8-1 ao Praias de Barreiros C.D. nun partido dominado de principio a fin polos xogadores de Quini. Os goles foron obra de Aitor en tres ocasións, Fede en dúas ocasións, Simón, Ismael e outro en propia porta.

O domingo o filial masculino tamén goleou por idéntico resultado 8-1 ao Peluquería Mixta Friol Concello de Friol F.S. e encabeza a fase de ascenso. Marcaron Nuno en tres ocasións, Miguelito por partida dobre, Íker, Miloso e Tito.

Tamén encabeza a clasificación o filial feminino que acadou a segunda victoria na fase de ascenso ao vencer por 3-4 ao C.D. Seguridade Galega con goles de Leire, Marta, Anne e María.