RESULTADOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Pleno de victorias dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. a pasada fin de semana.

O sábado pola mañá o filial masculino venceu ao S.D.C y R. Narón O Freixo 4-6. Marcaron Tinete en tres ocasións, Miguelito por partida dobre e Tito.

O sábado pola tarde no Municipal de Deportes de Vilalba o equipo feminino de Preferente Galicia gañou 4-1 ao filial do Viaxes Amarelle con dous goles de Antía, Paulita e Carla.

A continuación o equipo de Terceira División venceu 9-4 ao Carballiño F.S. nun espectacular partido sobre todo na primeira parte. Os goles foron obra de Antón e Fede en tres ocasións, Ismael en dúas ocasións e Keita.