RESULTADOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Catro victorias e unha única derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. a pasada fin de semana.

O venres pola tarde nun gran partido o filial masculino venceu por 3-1 ao O Korreo Guitiriz F.S. “B”. Os tres goles marcounos Nuninho. Con este resultado o equipo adestrado por Ismael lidera en solitario a fase de ascenso.

O sábado pola tarde no Municipal de Deportes de Vilalba o equipo xuvenil continuou coa racha positiva e venceu 6-4 ao S.D. Xove F.S. Os goles foron obra de David Rey en dúas ocasións, Tinete, Amado, Brais e Pablo Lozano. Con este resultado o equipo adestrado por Nuninho suma a terceira victoria consecutiva na fase de descenso e ten máis cerca a permanencia.

Tamén o sábado pola tarde o equipo feminino de Preferente Galicia venceu a domicilio ao Fisober F.S. por un apretado 2-3 con dous goles de Antía e un de Paulita.

Na tarde do domingo o equipo masculino de Terceira División venceu na complicada pista do E.D. Vigo 2015 por 2-4. Os goles foron obra de Antón, Aitor, Ismael e Fede.

A única derrota chegou no partido do filial feminino que realizou o peor partido da tempada e perdeu 0-1 ante o S.D. Silva Arboco.