RESULTADOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Catro victorias e unha única derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. a pasada fin de semana.

O sábado pola tarde o filial masculino venceu por 1-6 ao Outeiro de Rei F.S. “B” e leva 5 victorias en outros tantos partidos na fase de ascenso a Preferente. Marcaron por partida dobre Miguelito e Amado e completaron a goleada Tito e Nuno.

Tamén o sábado o equipo masculino de Terceira División venceu con comodidade ao A.D.F.S. Bueu por 7-2. Os goles foron obra de Ismael e Fede en dúas ocasións, Simón, Fari e Dieguito.

O domingo pola tarde no Municipal de Deportes de Vilalba o equipo xuvenil venceu 4-2 ao Redondela F.S. e continúa primeiro no grupo da fase de permanencia. Os goles foron obra de Pablo Lozano en dúas ocasións, Amado e Brais.

Tamén o domingo pola tarde o equipo feminino de Preferente Galicia venceu na difícil pista do Terra de Celanova F.S.F por 0-1. O único gol marcouno Antía.

A única derrota chegou no partido do filial feminino que saiu goleado 8-0 na pista do Amarelle Concello de Santa Comba.