RESULTADOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Boa xornada para os equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. O equipo de Terceira División Nacional acadou o sábado outra goleada a domicilio ao vencer na sempre difícil pista do GRI Carballiño F.S. por 2-8. Os goleadores foron Antón en catro ocasións, Fede en dúas, Fari e outro en propia meta.

O domingo pola mañá o equipo filial masculino goleou ao Cubelas por un contundente 10-0. Os goleadores foron Miloso (2), Tito (2) e Leiras (2), Copa, Iker, Pelouro e o derradeiro en propia porta.

Ao mediodía o equipo senior feminino realizou un dos mellores partidos da tempada impoñéndose con xustiza a un gran equipo como o Terra de Celanova F.S.F. por 6-3. Antía con tres goles, Nerea, Paulita e Aisha foron as goleadoras.

Pola tarde chegou a única derrota da xornada para o equipo xuvenil que perdeu 8-5 na visita ao Sport Sala Hércules F.S. de Culleredo. Os goles do equipo vilalbés foron obra de Mario por partida dobre, Michael, Hugo e Xoel Díaz.