Tres victorias e dous empates foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. a pasada fin de semana.
O venres pola tarde o filial masculino venceu por 5-0 ao Puebla Futsal e achégase ao ascenso de categoría. Marcaron Miguelito, Tinete, Amado, Nuno e Tini.
O sábado o equipo filial feminino non pasou do empate a 3 goles ante a U.D. Pastoricense. Os tres goles marcounos Marta.
Tamén o sábado o equipo masculino de Terceira División venceu con máis apuros do previsto ao Pontedeume F.S. por 6-7 despois de ir gañando por cinco goles de diferencia. Os goles foron obra de Antón e Simón en tres ocasións e Ismael.
O domingo pola mañá o equipo feminino de Preferente Galicia venceu nun gran partido ao Balaídos C.F. por 1-0. O único gol marcouno Antía.
O domingo pola tarde o equipo xuvenil empatou 2-2 na pista do Pecheches F.S. e continúa primeiro no grupo da fase de permanencia con sete puntos de vantaxe sobre o descenso. Os goles foron obra de Brais e Michael.