RESULTADOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Catro victorias e unha única derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. a pasada fin de semana.

O venres pola noite o filial masculino venceu por 2-5 ao Trabada Futsal pechando a primeira volta da fase de ascenso a Preferente cun pleno de victorias. Marcaron Miloso, Miguelito, Nuno, Copa e outro en propia porta.

O sábado o equipo masculino de Terceira División venceu 5-3 xogando como local en Guitiriz ao 5 Coruña F.S. Os goles foron obra de Ismael, Aitor, Antón, Dieguito e outro en propia porta. Con esta victoria o equipo de Quini asegura a segunda posición e xogará por segundo ano consecutivo o play off de ascenso a Segunda División “B”.

Tamén o sábado o equipo xuvenil venceu 4-5 ao Ganomagoga I.E.S. Coruxo F.S. e deu un paso de xigante para acadar a permanencia. Os goles foron obra de Tinete e Amado en dúas ocasións e David Rey.

O domingo pola mañá o equipo feminino de Preferente Galicia goleou 1-9 ao equipo de A Fervenza F.S.F. “B”. Marcaron Paula en catro ocasión, Aisha en tres, Antía e Carla.

A única derrota chegou no partido do filial feminino que saiu goleado 6-0 polo líder da fase de ascenso o C.D. Praias de Barreiros.