RESULTADOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Catro victorias e unha única derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. a pasada fin de semana.

O venres pola tarde o equipo xuvenil deu un paso de xigante para manter a categoría ao vencer 6-5 ao Ribeira F.S. con remonta incluída. Os goles foron obra de Brais en catro ocasión, Michael e David Rey.

O sábado o equipo feminino de Preferente Galicia venceu con comodidade ao Carballiño F.S. por 3-0. Marcaron Akira, Antía e Carla.

Posteriormente o filial masculino venceu por 4-0 ao Samos F.S. e continúa co pleno de victorias na fase de ascenso a Preferente. Marcaron Miguelito, Nuno, Leiras e Ledo.

A única derrota chegou no partido do filial feminino que foi goleado 7-1 polo A.D.C. Lugo Sala.

O domingo o equipo masculino de Terceira División goleou 0-10 ao filial do Portus Apóstoli Noia F.S. Os goles foron obra de Ismael e Antón en catro ocasións, Fari e Íker.