RESULTADOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Tres derrotas e unha única victoria foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. a pasada fin de semana.

O equipo masculino de Terceira División perdeu 1-2 ante o S.D Xove F.S. nun encontro descafeinado no que os dous equipos, segundo e terceiro clasificados, xa coñecen ós seus rivais nas semifinais da fase de ascenso a Segunda División “B”. O Grupo Forma-t Vilalba F.S. xogará ante o Sport Sala Culleredo F.S. e o S.D. Xove F.S. ante o ED Vigo 2015.

O filial masculino perdeu o seu primeiro partido na fase de ascenso a Preferente ante o Peluquería Mixta Friol Concello de Friol F.S. por 4-0.

A única victoria chegou no partido do equipo feminino de Preferente Galicia que venceu na pista do Ribeira Lieders F.S. por 2-3. Marcou Paulita por partida dobre e Antía. Esta victoria foi adicada á xogadora do equipo filial Carla González e a súa familia que están pasando unhos momentos difíciles. Con este resultado si o equipo logra a victoria a vindeira fin de semana acadará o subcampionato ligueiro.

O equipo xuvenil caeu goleado por 7-1 ante o S.D. Xove F.S. O único gol marcouno Pablo Lozano.

O filial feminino disputa o seu encontro ante o C.D. Seguridade Galega este xoves ás 18 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.