RESULTADOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Unha victoria e dúas derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. a pasada fin de semana.

O equipo feminino de Preferente Galicia desaproveitou a oportunidade de quedar subcampeón de liga perdendo por 1-2 ante o C.F. Meigas. Mereceu mellor resultado o equipo vilalbés sobre todo na primeira parte e xogarase poder acadar a segunda posición no partido ante o Concello de Begonte que se xoga non descender e agardar o picazo do C.F. Meigas.

O filial masculino goleou ao SDC y R Narón O Freixo por 6-2 e na vindeira xornada podería acadar o ascenso a Preferente. Os goles foron obra de Iker en tres ocasións, Nuno, Leiras e Miloso.

O equipo xuvenil caeu no partido adiantado á xornada 4-2 ante o Redondela F.S. Os goleadores do equipo vilalbés foron Brais e Michael.

O equipo filial feminino descansou nesta xornada e o equipo masculino de Terceira División tamén tivo xornada de descanso antes de comenzar a fase de ascenso a Segunda División “B”.