RESULTADOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Dúas grandes victorias dos equipos feminino e masculino e unha derrota do filial masculino foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. a pasada fin de semana.

O equipo masculino de Terceira División acadou o pase á final do play off de ascenso a Segunda División “B” ao vencer con comodidade ao Sport Sala Culleredo nun Pavillón Municipal de Vilalba prácticamente cheo e cunha gran animación nas gradas por parte dos siareiros locais. Aínda que se adiantou o equipo coruñés nos primeiros minutos o equipo de Terra Chá volteou o resultado e xa gañaba no descanso por 5-1. Na segunda parte volveu a reducir diferencias no marcador o Sport Sala pero os vilalbeses anotaron dous goles máis para poñer o 7-2 definitivo. Marcaron Keita e Antón por partida dobre, Fede, Dieguito e Ismael.

Na derradeira xornada de Preferente Galicia o equipo feminino gañou ao Concello de Begonte F.S. 3-6 e acadou subcampionato de liga tralo empate do C.F. Meigas. Marcaron Paulita por partida dobre, Nerea, Antía, Sabela e outro en propia porta. Gran tempada a realizada polas rapazas do Grupo Forma-t Vilalba F.S.

A derrota do equipo filial masculino na pista do Korreo Guitiriz F.S. “B” por 6-4 despois de ir gañando por dous a catro non é impedimento para que na vindeira xornada si suma os tres puntos acade matemáticamente o ascenso a Preferente. Os goles foron obra de Miloso, Michael, Nuno e Tinete.

O equipo filial feminino adiou o partido para o venres polo que disputará dous encontros a vindeira fin de semana.