RESULTADOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Dúas victorias e dúas derrotas foi o balance para os equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. O equipo de Terceira División Nacional acadou o sábado unha sufrida victoria ante un rival directo o E.D. Vigo 2015 por 4-3. Os goleadores foron Fari en tres ocasións e Dieguito. O partido que foi moi disputado estivo marcado pola discutida actuación dos colexiados.

Posteriormente chegou unha nova derrota do equipo xuvenil que foi goleado 2-10 polo E.D.M. Guitiriz F.S. equipo que ocupa a segunda posición. Os dous goles do equipo vilalbés foron obra de Michael.

O domingo pola mañá o equipo filial masculino sufriu máis do previsto ante o Riotorto F.S. ao que gañou por un axustado 2-3. Os goleadores foron Tinete, Copa e Nuno.

Tamén pola mañá pero en terras olívicas o equipo senior feminino perdeu por 6-3 nun partido que se resolveu nos últimos minutos. Aisha, Antía e Paulita foron as goleadoras.

O partido que tiña que disputar o equipo filial feminino non se celebrou debido á ausencia do equipo rival o Silva S.D. Arboco.