RESULTADOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Tres victorias e dúas derrotas foi o balance para os equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S.

O venres abriu a xornada o equipo xuvenil cunha derrota na casa por 2-4 ante o Ribeira F.S. Os goles do equipo vilalbés foron obra de Mario e Michael.

O equipo de Terceira División Nacional acadou o sábado unha nova victoria a domicilio ante o A.D.F.S. Bueu por 1-5. Os goleadores foron Fede e Antón os dous por partida dobre e Simón.

O sábado o equipo filial senior feminino caeu na súa visita ao líder Amarelle Santa Comba por 5-2. As goleadoras foron María e Carla González.

Na matinal do domingo o equipo filial masculino venceu con contundencia ao Trabada Futsal por 7-1. Os goles foron obra de Miguelito por partida dobre, Iker, Nuno, Miloso, Ledo e Tini.

Pola tarde pechou a xornada o equipo senior feminino cunha victoria por 5-2 ante o colista A Fervenza F.S.F. “B”. As goleadoras foron Antía en tres ocasións Akira e Paulita.