Gran fin de semana para os equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S.
O sábado pola tarde o equipo senior feminino con numerosas baixas e sin realizar un gran partido impúxose na visita ao Carballiño F.S. por 1-2. Sabela e Paulita foron as goleadoras.
Tamén o sábado pola tarde o equipo filial masculino continuou coa línea gañadora ao vencer por 2-7 ao Lago DVSport. Os goleadores foron Copa (2), Tinete, Hugo, Miguelito, Nuno e Tini.
Xa na matinal do domingo o equipo de Terceira División Nacional acadou una importante victoria e tras ir perdendo no descanso venceu ao 5 Coruña por 3-8 que sumado ao picazo do líder colócase a un só punto. Os goleadores foron Antón en tres ocasións, Miguelito e Simón en dúas e Fede.
Para pechar a xornada o equipo filial feminino voltou á competición cunha apretada victoria sobre o Lago DVSport por 2-1. As goleadoras do equipo vilalbés foron Xela e María.