RESULTADOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Malos resultados na derradeira fin de semana de competición no ano 2021 para os equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S.

O venres pola tarde o equipo filial masculino no último partido da primeira volta colleitou a primeira derrota ao caer ante O Korreo Guitiriz F.S. “B” por 1-4. O único gol dos vilalbeses marcouno Tinete.

O sábado o equipo senior masculino continuou coa racha de vitorias na Terceira División Nacional e goleou ao Portus Apóstoli Noia F.S. “B” por 12-1. Os goleadores foron Antón e Ismael en catro ocasións, Fede en tres e Simón.

A continuación o equipo senior feminino perdeu por 1-3 ante o Lieders Ribeira F.S. cunha discutida arbitraxe. O único gol das vilalbesas marcouno Paulita.

Para pechar a xornada o domingo pola tarde o equipo xuvenil perdeu 0-1 ante o Emden F.S.

O equipo filial feminino adiou o partido que tiña que disputar na pista do C.D.X. Aranga F.S.F. por casos de covid no equipo local.