RESULTADOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Dúas victorias e dúas derrotas foi o balance da primeira xornada do ano 2022 para os equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. As victorias corresponderon aos equipos femininos e as derrotas aos equipos masculinos que viron como os rivais remontábanlles os partidos.

O primeiro equipo en xogar foi o filial feminino que venceu na visita ao TCA Instalaciones Pontedeume F.S. por 4-5 con catro goles de Carla González e un de Annie.

O sábado tamén xogou o equipo senior masculino que colleitou a segunda derrota da tempada ante un rival directo como o S.D. Xove F.S. por 7-3 malia ir gañando no primeiro tempo por 1-3. Os goles do equipo vilalbés foron obra de Miguelito, Keita e Simón.

O domingo pola mañá o equipo filial masculino tamén colleitou a segunda derrota da tempada ao perder 1-2 ante o SDC y R. Narón O Freixo despois de ir gañando casi todo o partido. O único gol do filial marcouno Miloso.

Para pechar a xornada o domingo pola tarde o equipo senior feminino gañou por 3-5 ao C.F Meigas con catro goles de Antía e un de Carla.

O equipo xuvenil reanudará a competición a vindeira fin de semana.