RESULTADOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

O equipo de Terceira División Nacional do Grupo Forma-t Vilalba F.S. volveu á senda da victoria ao vencer na pista do C.D. Praias de Barreiros por 2-6. Os goleadores foron Keita en dúas ocasións, Ismael, Fari, Antón e Fede.

Tamén xogou fóra da casa o filial feminino que perdeu ante o C.D. Seguridade Galega por 6-4. Marcaron Carla por partida dobre, Marta e Laura.

O domingo houbo xornada maratoniana no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba xa que se celebraron tres encontros con resultados desiguais.

Pola mañá o equipo xuvenil empatou 5-5 ante o S.D. Xove F.S. Os goles do equipo vilalbés foron obra de Mario e Michael por partida dobre e Tinete.

Ao mediodía o equipo senior feminino perdeu 1-3 ante o Fisober F.S. nun mal partido das vilalbesas. O único gol local acadouno Carla.

Pola tarde o equipo filial masculino goleou ao S.D. Silva Arboco por 9-1. Gran partido no que destacou Miloso con 3 goles. Nuno e Pelouro con dous e Tito e Iker con un foron os goleadores.