RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Tres victorias, un empate e unha derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. nesta fin de semana.

O equipo masculino de 2ª División B venceu nun emocionante partido na complicada pista do Unionistas Salamanca F.S. por 4-5. A victoria non foi doada e o equipo adestrado por Quini despois de alternativas no marcador no primeiro tempo tivo que remontar un 4-2 na segunda metade para acadar unha victoria moi traballada ante un bo equipo. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Ismael por partida dobre, Aitor, Keita e Quintela. O vindeiro sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba recibirán ao Leis Pontevedra San Narciso e tentarán de brindarlle aos siareiros a primeira victoria como locais.

Na terceira xornada de Preferente Galicia o equipo feminino venceu ao Balona Linense F.S. por 5-2. As xogadoras adestradas por Quini continúan cun pleno de victorias aínda que tiveron que remontar un marcador de 0-2 nunha gran segunda metade. Marcaron Pasto por partida dobre, Nerea e Antía. Para a vindeira semana terán un partido moi complicado na pista do Meigas C.F. que é o outro equipo que leva tamén tres victorias.

O equipo masculino de Preferente Galicia non puido pasar do empate a dous goles ante o Peluquería Mixta Friol Concello de Friol F.S. nun disputado encontro con emoción ata o último segundo. Os autores dos goles foron Josito e Kevin.

Gran debut do filial feminino que goleou 0-8 ao Castroverde F.S. Marcaron Xela en catro ocasións, Carla en dúas, Marta e María.

O equipo xuvenil masculino caeu derrotado na pista do Sport Sala Hércules por 6-2. Os autores dos goles foron Lozano e Amado.