RIVAL COMPLICADO PARA O XUVENIL

Este sábado ás 18:15 horas no Pavillón Municipal de Redondela terá lugar o partido correspondente á quinta xornada da Liga Galega Xuvenil entre o Redondela F.S. e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

O equipo vilalbés, que gañou os seus partidos como local, tratará de vencer como visitante a un rival que ocupa a cuarta posición na clasificación e que o supera nun punto. Polo tanto agárdase un partido complicado entre dous equipos que están na zona alta da clasificación.

COMPARTIR