“ROI” PASOU POLO QUIRÓFANO

O capitán do Vilalba F.S., Rodrigo Antelo Sinde “Roi”, foi intervido onte da rotura do ligamento cruzado anterior e do menisco da perna esquerda. A intervención tivo lugar no Polusa e o período de recuperación estímase que será de seis meses aproximadamente polo que se perde o resto da temporada.

Desde o VILALBA F.S. desexámoslle unha boa e pronta recuperación.

¡Ánimo Roi!

 

COMPARTIR