RUBÉN MOURIZ, INCORPORACIÓN DE LUXO PARA O VILALBA F.S.

Rubén Mouriz Pena (1996, Lugo), é a primeira incorporación do VILALBA FS para A temporada 2017/18.
O xogador lucense que militarà no VILALBA FS na posición de “Cierre”, formouse nas categorías do Azkar Lugo debutando como xogador do primeiro equipo na Primeira Divisiòn do Futbol Sala Nacional na temporada 2013-2014, na seguinte xogou tamèn con Azkar Lugo en Segunda División, donde fichou por O Parrulo de Ferrol, equipo no que sufreu unha grave lesión que o mantuvo apartado das pistas toda a temporada pasada e parte da anterior, e da que xa está totalmente recuperado. A pesar da súa xuventude, ten un gran palmarés, destacando os títulos de “Campión de España” coa Selección Galega en categorías, Benxamín, Alevín e Infantil. Tamén formou parte da Selección Galega Sub- 19 e foi internacional Sub-18 e Sub-21 con Selección Española.
A Directiva do VILALBA F.S. está moi ilusionada con esta incorporación, Xa que se trata dun xogador de contrastada categoría co que se pretende dar un salto de calidade na plantilla e poder realizar unha gran temporada na Terceira División Nacional.
Benvido Rubén!!!!

COMPARTIR