SAÍDA COMPLICADA PARA AS RAPAZAS DO VILALBA F.S.

Este venres ás 21:00 horas no Pavillón Municipal “O Palomar” de Lugo terá lugar o encontro correspondente á terceira xornada da liga Primeira Galicia feminina entre os equipos Lieders F.S. e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

As rapazas do equipo vilalbés despois das dúas victorias acadadas ante o Meigallos F.S. e o Cidade de Lugo F.S., queren seguir coa boa racha ante un rival que ven de perder o último partido na súa visita a A Pastoriza.