SAÍDA COMPLICADA PARA O VILALBA F.S. XUVENIL

Este sábado ás 16 horas no Pavillón de Vista Alegre de Burela terá lugar o partido correspondente á terceira xornada da Liga Galega xuvenil entre o Pescados Rubén Burela F.S. e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

O equipo vilalbés, que debutou na casa a xornada pasada goleando ao GRI Carballiño F.S. por 7-2, tratará de conseguir de novo os tres puntos ante un dos equipos favoritos da competición que conta os seus partidos por victorias e lidera a clasificación.